Relacións entre sexismo, xénero e orientación sexualproxecto de investigación empírica

  1. Beatriz Fernández Pérez
  2. Mar Bernal Rivas
Revista:
Cadernos de psicoloxía

ISSN: 0213-5973

Ano de publicación: 2020

Número: 37

Páxinas: 31-42

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Cadernos de psicoloxía

Resumo

Sen dúbida, ao longo dos anos, a concienciación, os movementos sociais, os cambios lexislativos e a investigación científica fixéronnos cada vez máis sensibles aos temas relacionados coa igualdade entre homes e mulleres. Con todo, continuamos perpetuando xeración tras xeración estereotipos negativos cara á muller e cara aos atributos que compoñen a feminidade. É por iso polo que resulta interesante reflexionar sobre as ideas, crenzas e valores que a sociedade posúe acerca de temas como a igualdade e os estereotipos de xénero. Con este obxectivo comezamos esta investigación, analizando as autopercepcións dos atributos de xénero mediante o Inventario de Rol Sexual –BSRI–, versión abreviada, de Bem (1981), e o nivel de sexismo ambivalente mediante a Escala ASI de Glick e Fiske (1996) nunha mostra de 845 participantes españois. Do mesmo xeito, solicitóuselles que indicasen a súa orientación sexual. As hipóteses das que partimos neste estudo consisten na existencia dunha relación positiva entre o sexismo e a masculinidade, así como coa heterosexualidade, hipótese que se confirmou con independencia do sexo dos participantes. Non obstante, observáronse niveis ínfimos de sexismo na mostra xeral, cuestión que non se asemella aos resultados obtidos en múltiples estudos previos. Por derradeiro lugar, en relación coa escala de dimensións de xénero, os resultados suxiren unha importante modificación nas asuncións das características prototípicas con respecto á literatura, o que pode deberse a cambios históricos e influencias socioculturais.