A necesidade doutro modelo eólico para Galicia

  1. Rosa María Regueiro Ferreira
Journal:
Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente

ISSN: 1136-2677

Year of publication: 2021

Issue Title: Especial Vaga Eólica I

Issue: 85

Pages: 38-39

Type: Article

More publications in: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente

Abstract

Galicia estivo inmersa nun modelo de desenvolvemento eólico intensivo desde comezos da década dos 90 do pasado século. Tras unha sucesión de variada normativa, constatouse unha actuación extremadamente produtivista e unha situación de case invisibilidade para os propietarios dos terreos, entre outros axentes. Na actualidade, estase a desenvolver un proceso intenso de solicitude de instalación de parques eólicos, que aumenta a falta de aceptación social para con estas instalacións. Neste artigo faise unha reflexión sobre os elementos que debería ter un novo modelo eólico para Galicia, para garantir os beneficios que pertencen a todos os actores implicados e gañar en aceptación social, minorando o impacto ambiental.