A lingua da Terra de Viana do Bolo. Descrición dialectal e análise do cambio lingüístico
- Álvarez Pousa, María Concepción
- Francisco Fernández Rei Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 26 de novembro de 2021
- Manuel González González Presidente
- Xosé Henrique Costas González Secretario/a
- Maria da Purificação Moura Silvano Vogal
Tipo: Tese
Resumo
tese de doutoramento ten por finalidade describir a lingua do concello ourensán de Viana do Bolo, variedade do galego oriental pertencente á microsubárea O Bolo-Viana, encadrada na subárea Valdeorras-Viana da área oriental-central. Para a análise da devandita variedade pártese esencialmente dun amplo corpus oral formado polo discurso libre de tres xeracións de informantes en moitos puntos do municipio, que permite describir o vianés a través dos ámbitos da fonética, a morfosintaxe e o léxico e concretar as súas peculiaridades dentro do bloque oriental, especialmente en relación coas variedades próximas zamoranas. Asemade, estúdase a variación e o cambio lingüístico en tempo aparente no concello de Viana para ver como o cambio afecta no mantemento da variedade, cales son as variables máis propicias á mudanza e os posibles factores que influencian este feito. Esta análise baséase no conxunto do devandito corpus oral do que se realizou unha escolma de 25 etnotextos correspondentes a outras tantas parroquias, que figuran no anexo. Tamén se analiza o cambio en tempo real ao contrastar material do corpus da tese, sobre todo o do período 2016-2019, co material recolleito en 1975 para o punto O.17 Viana do Bolo do Atlas Lingüístico Galego coa finalidade de obter unha visión completa da evolución da lingua vianesa.