Evaluación de la capacidad fitorremediadora de una especie nativa sudamericana ("Discaria americana") en un suelo enmendado con lodos de depuradora
- Torri, Silvana Irene
- Marcos Lado Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 11 de outubro de 2021
- María Rosa Mosquera Losada Presidenta
- Aitor García-Tomillo Secretario/a
- Olga Susana Heredia Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Os lodos ou biosólidos son residuos orgánicos de orixe biolóxica, orixinados nos procesos de depuración dos efluentes domiciliarios. A súa correcta xestión é, na actualidade, un dos maiores desafíos no marco do desenvolvemento sostible das grandes cidades. Dende o punto de vista ecolóxico e económico, o aproveitamento agrícola dos biosólidos é un dos destinos máis aceptables, pero poden presentar concentracións variables de certos elementos traza (ET) potencialmente tóxicos, que reaccionan cos compoñentes do solo, distribuíndose entre fraccións con distinta dipoñibilidade. O obxectivo xeral deste traballo foi determinar a capacidade fitorremediadora de Cu e Zn que presenta unha especia nativa sudamericana, a Discaria americana, nun Hapludol típico de textura areosa enmendado con biosólido (SB) ou biosólido enriquecido coas súas propias cinzas (SZ). Analizouse o efecto de doses crecentes de B ou Z sobre parámetros de xerminación de D. americana comparado co raigrás (Lolium perenne L.), sen observarse efectos fitotóxicos en ningunha das dúas especies. Ó evaluar a influencia da actividade radical da D. americana e do raigrás sobre a distribución de Cu e Zn entre as distintas fraccións edáficas nun solo de textura areosa enmendado con biosólidos ou biosólido enriquecido coas súas propias cinzas, observouse unha redistribución de ambos elementos ó cabo de 180 días. A actividade radical de ambas especies favoreceu a pasaxe de ambos elementos a formas de menor biodispoñibilidade, estreitamente relacionada co pH edáfico. A D. americana presentou síntomas de fitotoxicidade en SB entre os días 120-130, presentando unha elevada concentración de Cu tanto en biomasa aérea como radical. Estes resultados poden estar relacionados coas elevadas doses de enmenda utilizada. Estes síntomas non se manifestaron en SZ, envidenciando que a matriz inorgánica dos biosólidos foi quen de reter ET en formas de menor biodispoñibilidade. En relación ó Zn, a D. americana comportouse como especie exclusora.