Modelo de evaluación de metodologías de desarrollo de software web

  1. Molina Ríos, Jimmy Rolando
Dirixida por:
  1. Nieves Pedreira Souto Co-director
  2. Anna De Liddo Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 29 de outubro de 2021

Tribunal:
  1. María Jesús Taboada Iglesias Presidenta
  2. Juan Romero Secretario/a
  3. Javier Rodeiro Iglesias Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 688013 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O desenvolvemento de aplicacións web aumenta exponencialmente xunto coa dependencia dos usuarios en internet, de xeito que as técnicas e metodoloxías aplicadas tradicionalmente para o seu desenvolvemento evolucionaron cara a metodoloxías áxiles e híbridas, que proporcionan un proceso de desenvolvemento óptimo, incluída a avaliación final do software baseada en métricas e regulamentos de calidade que indican o proceso máis axeitado segundo os requisitos establecidos no proxecto. O obxectivo principal da nosa investigación reside no establecemento dun modelo de avaliación para a avaliación da eficiencia dos proxectos baseado nas fases e características proporcionadas pola metodoloxía híbrida SWIRL para a avaliación de proxectos a través dunha aplicación web. Levamos a cabo unha profusa revisión analítica bibliográfica sobre o estado da arte e unha investigación de campo que levou á definición do modelo. Como resultado, proponse un novo modelo de avaliación chamado "MEASS" (Application Evaluation Model Selon SWIRL), presentado a través dunha aplicación web desenvolvida baixo as fases SWIRL, que permite amosar os resultados porcentuais das fases. O modelo divídese en tres niveis de avaliación: básico, intermedio e rigoroso, cuxo obxectivo é avaliar o proceso que se seguiu para o desenvolvemento do software e ofrece indicadores específicos segundo cada nivel e, ademáis, as subcaracterísticas das fases.