Aproximación á modalidade epistémica en galegoo dominio adverbial

  1. Míguez Rego, Vítor
Dirixida por:
  1. Francisco Antonio Cidrás Escáneo Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 18 de outubro de 2021

Tribunal:
  1. Johannes Kabatek Presidente/a
  2. María José López Couso Secretaria
  3. Bert Cornillie Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Filoloxía Galega

Tipo: Tese

Teseo: 689874 DIALNET

Resumo

Esta tese dá un primeiro paso no estudo da modalidade epistémica engalego prestando atención á súa expresión adverbial. Ante a falta dun acordo xeral sobre como entender amodalidade, a primeira parte do traballo dedícase a examinar e avaliar as principais propostas teóricas para o seuestudo. Ademais, o ámbito máis concreto da modalidade epistémica (entendido aquí nun sentido estrito como aárea semántica da certeza e a incerteza) garda estreitas relacións con categorías como o tempo, o modo, aevidencialidade ou a atenuación, vínculos que deben ser esclarecidos para alcanzar unha caracterizaciónoperativa da área estudada. A segunda parte da tese céntrase nos adverbios epistémicos. Estas pezas lingüísticasadoitan considerarse recursos neutros para a expresión da modalidade, idea que contrasta co seu número e a súadiversidade interna. Para describir e analizar esta área lingüística, lévase a cabo un estudo de corpus de seisadverbios considerados representativos das posibilidades expresivas da modalidade epistémica. Os resultadosrevelan padróns de variación en diferentes niveis e convidan a revisar ideas previas sobre o comportamento dosadverbios epistémicos.