Estudo transversal sobre o desempeño das competencias de modelización e uso de probas en procesos de transformación da materia

  1. Sesto Varela, Vanessa
Dirixida por:
  1. Isabel García-Rodeja Gayoso Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 22 de outubro de 2021

Tribunal:
  1. Susana García Barros Presidente/a
  2. José Manuel Domínguez Castiñeiras Secretario
  3. Adriana Rocha Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Didácticas Aplicadas

Tipo: Tese

Resumo

A tese aborda a análise do desempeño das competencias de modelización e uso de probas por parte de estudantes de educación infantil, educación primaria, e do último curso da escolarización obrigatoria do sistema educativo español e sueco durante a interpretación de cambios químicos cotiáns como a combustión dunha candea e a descomposición térmica do azucre. Os resultados indican que a observación dos fenómenos e, especialmente, a discusión arredor dos mesmos, favorecen a progresión cara modelos para a interpretación dos cambios químicos máis sofisticados. Ademais, a introdución a idades temperás dun modelo corpuscular que permita describir e explicar os cambios macroscópicos permite ao alumnado adquirir máis destrezas na interpretación de fenómenos nos que a materia se transforma