Modelización de fenómenos sociais mediante propiedades emerxentes das redes de interconexión dentro dunha comunidade

  1. MUSSA JUANE, MARIAMO
unter der Leitung von:
  1. Alberto Pérez Muñuzuri Doktorvater

Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 27 von Oktober von 2021

Gericht:
  1. José Manuel Rey Simón Präsident/in
  2. Gonzalo Miguez Macho Sekretär
  3. Irene Sendiña Nadal Vocal
Fachbereiche:
  1. Departamento de Física de Partículas

Art: Dissertation

Zusammenfassung

Andentrarémonos no mundo dos sistemas complexos porque comprendemos que, dentro do marco establecido, a natureza está artellada como tal. Faremos unha introdución as redes, a súa parametrización, a que tipo de redes teóricas existen na litaratura e, a continuación, presentamos un tipo de redes reais, obtidas de Twitter. Acto seguido mergullarémonos no formalismo matemático das estruturas de Turing deslocalizadas, que dan conta desta inestabilidade en sistemas reactivo-difusivos en redes complexas. Da análise linear destes sistemas, extraeremos o obxecto matemático factor de crecemento que nos permite medir o ritmo de evolución dun sistema tras sufrir unha perturbación. O seu módulo, negativo ou positivo, indica que o sistema retorna ao estado inicial homoxéneo, no primeiro caso, ou que pode evolucionar cara a un estado de equilibrio novo, no segundo. Atopar valores positivos do factor de crecemento danos a condición necesaria para a existencia da inestabilidade. Se a nova estrutura emerxe, aparece un novo estado estable no espazo e no tempo. Poder escribir o sistema complexo de xeito matemático, como o fixo Turing, como unha parte reactiva dada pola cinemática do sistema máis unha parte difusiva, permítenos facer análise de diferentes sistemas que se concretan no eido social. O traballo central é a análise dos distintos ritmos evolutivos da lingua dentro do territorio galego a través do valor do factor de crecemento. Veremos como as urbes galegas sofren ritmos de evolución lingüística máis lentos en relación ao rural.