A inactivación de p53 incrementa a resposta ao dano no DNA (DDR) inducida por Ras oncoxénico e favorece a desdiferenciación celular

  1. GONZÁLEZ LÓPEZ DEL CASTILLO, CATARINA
Dirixida por:
  1. Jose Antonio Costoya Puente Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 17 de setembro de 2021

Tribunal:
  1. Román Pérez Fernández Presidente
  2. Maria Efigenia Arias Baltar Secretario/a
  3. Maria Isabel Ben Batalla Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Fisioloxía

Tipo: Tese

Resumo

Segundo a clasificación da OMS o glioblastoma multiforme está incluído no grao IV sendo o máis agresivo e o máis frecuente dos que afectan ao SNC, con resultado fatal e tendo unha esperanza de vida media, aproximada, de 15 meses. Sábese que tanto neste tipo de tumores como nos de baixo grao, a vía dependente do supresor de tumores p53 atópase a miúdo alterada, suxerindo que a inactivación de p53 é un evento temperán na gliomaxénese. Neste estudo determinouse o papel que tanto p53 coma retinoblastoma (Rb) desenvolven na evolución de astrocitomas de baixo grao a glioblastomas. Para iso, avaliouse tanto a desregulación do ciclo celular coma a dos mecanismos de reparación do dano no DNA, fenómenos que derivan na transformación celular. A ausencia de p53 impide a activación da resposta ao dano no DNA (DDR) e a indución de apoptose dependente de p53, polo que as células manterán dito dano no DNA. Combinando esta falta de p53 coa ausencia de Rb, prodúcese un crecemento descontrolado das células, que presentan unha taxa de crecemento moi elevada, inducindo a súa transformación e a tumoroxénese. Así mesmo, observouse a presenza da activación do programa de desdiferenciación asociado a hiperactivación dunha ruta oncoxénica, semellante ao que se observa ao longo dos programas de reprogramación de células diferenciadas a células indiferenciadas.