Las voces japonesas en la historia de la lexicografía española
- Rojo-Mejuto, Natalia
- José Ignacio Pérez Pascual Codirector/a
- Rosalía Cotelo García Codirector/a
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 19 de octubre de 2021
- José Antonio Pascual Rodríguez Presidente/a
- Mar Campos Souto Secretaria
- Noemí Martín Santo Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
O obxectivo desta tese é estudar a introdución das voces de orixe xaponesa na lingua española e o seu tratamento nas principais obras lexicográficas. A investigación enfócase desde una perspectiva diacrónica que permite proporcionar unha descrición polo miúdo sobre a evolución das voces xaponesas no español desde mediados do século XVI ata a actualidade. Nunha primeira parte introdutoria estúdanse as singularidades que definen o comportamento das voces xaponesas na lingua española, abranguendo os aspectos comúns que atinxen, por unha banda, á entrada na lingua e o uso e, por outra, ao tratamento lexicográfico recibido. Na segunda parte da tese, estúdase a evolución histórica de cada unha das voces. Neste estudo filolóxico obsérvanse aspectos como a recepción cronolóxica, as variantes gráficas ou gráfico-fonéticas baixo as cales apareceron as voces xaponesas, así como a interpretación etimolóxica, a información gramatical, a circunscrición que presentan a unha única acepción ou o desenvolvemento de novas acepcións dentro da lingua española e a xeración de palabras derivadas.