O xogo de construción con bloques en nenos e nenas de 2 a 3 anosestudo descritivo da calidade de contextos, procesos e resultados

  1. Franco López, José Pablo
Dirigida por:
  1. Rodolfo Lois Ferradás Blanco Director/a
  2. Elena Fernández Rey Directora

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 14 de julio de 2021

Tribunal:
  1. Miguel Ángel Zabalza Beraza Presidente
  2. Maria Antònia Riera Jaume Secretario/a
  3. Teresa Godall Castell Vocal
Departamento:
  1. Departamento de Pedagogía y Didáctica

Tipo: Tesis

Resumen

Unha das actividades fundamentais que empregan os nenos e nenas para o seu propio desenvolvemento é o xogo.O xogo de construción con bloques é un eido pouco estudado en España e en Europa a pesar de que ten un valor importante nos diferentes aspectos deste desenvolvemento a nivel motor, cognitivo ou social. O presente estudocéntrase no xogo de nenos e nenas de 2 a 3 anos con bloques de madeira e da resposta a tres preguntas principais: como xogan con este tipo de material; como son os niveis de benestar e a implicación durante o xogo; e como se pode axudar ás criaturas a enriquecelo. A investigación desenvólvese nun entorno natural como é a escola infantil, levando a cabo un estudo de casos múltiple en 4 aulas de centros diferentes con nenos e nenas da aula de 2 a 3 anos, empregando unha metodoloxía de investigación mixta (cuantitativa e cualitativa). Cada caso ten unha particularidade determinada que está definida polo espazo onde se leva a cabo o xogo de bloques (recuncho ou obradoiro) e polo tipo de intervención da persoa educadora (maior ou menor). Ométodo de estudo principal é a observación recompilando datos cuantitativos a través de mostraxes temporais, aplicando diferentes instrumentos para a análise das 3 últimas sesións das 15 gravadas en cada caso. Como técnica complementaria lévanse a cabo entrevistas semi-estruturadas aos educadores e educadoras de cada aula, para obter datos cualitativos, utilizando as súas reflexións para completar a análise. En cada caso estúdanse os seguintes ámbitos: tempo de permanencia e duración do xogo de construción; complexidade das estruturas (individuais e conxuntas); relacións entre os nenos e nenas; accións cos bloques; niveis de benestar; e intervención da educadora ou educador. Unha vez descritos e analizados os catro casos faise unha comparativa entre os mesmos en función do modelo de escola, do espazo de xogo e do tipo de intervención do titor ou titora nos ámbitos descritos anteriormente. Con este marco trátase de abordar o obxectivo principal do estudo que consiste en describir e comprender o xogo de construción con bloques dos nenos e nenas de 2 a 3 anos na escola infantil, poñendo en relación contextos, procesos, resultados e o rol do educador ou educadora. Os resultados principais indican que os nenos e nenas cando xogan mostran uns elevados niveis de concentración, implicación, relacións e benestar. Acomplexidade das súas construcións, tanto individuais como conxuntas, ten unha puntuación media elevada que vai máis alá do que se considera propio para o inicio deste xogo a esta idade. A representación temperá tamén se pon de manifesto neste estudo nalgúns nenos e nenas sendo unha evidencia clara de que o xogo de construción dáse de forma paralela co xogo de representación. Evidénciase en todos os casos que o educador ou educadora ten que acompañar o xogo do neno ou nena mostrando interese e empatía. Ademais, as dúas organizacións espaciais estudadas (recuncho e obradoiro) e a maior ou menor intervención da educadora ou educador, teñen altas porcentaxes e puntuacións nos diferentes ámbitos estudados presentando diferenzas específicas en cada un deles. Considerando toda esta información, pódese afirmar que estes nenos e nenas están funcionando a un nivel elevado das súas capacidades, non só pola precisión dos seus movementos, senón tamén pola complexidade das súas construcións, polo exercicio dunha simbolización temperá, as abundantes mostras de benestar, e pola modulación das súas relacións cos iguais.