Desarrollo del género gramatical en el Trastorno Evolutivo del Lenguaje

  1. Ogneva, Anastasiia
Dirixida por:
  1. Miguel Pérez Pereira Co-director
  2. Manuel Peralbo Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 30 de xullo de 2021

Tribunal:
  1. Eva María Aguilar Mediavilla Presidente/a
  2. Montserrat Durán-Bouza Secretario/a
  3. Donna Jackson Maldonado Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 675136 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente investigación aborda cuestións relativas á adquisición do xénero gramatical en nenos castelanfalantes e rusofalantes diagnosticados con Trastorno Evolutivo da Linguaxe (TEL). En concreto, o obxectivo do estudo é indagar se existen diferencias cuantitativas e cualitativas no uso do xénero gramatical entre os nenos con TEL e aqueles que seguen o desenvolvemento típico da linguaxe (DT). Con este propósito, elaboramos e administramos unha tarefa de produción elicitada a 111 nenos monolingües de dúas linguas tipolóxicamente distintas, o castelán e o ruso. Os resultados retratan que, en canto ao uso do xénero gramatical, existen diferencias significativas entre os nenos con DT e con TEL, tanto en castelán coma en ruso. Do mesmo xeito, a nosa análise corrobora que, en liñas xerais, o padrón de asignación do xénero gramatical que utilizan os nenos castelanfalantes e rusofalantes é semellante. En conclusión, suxerimos que as futuras investigacións amplíen a mostra, sobre todo, no relativo a diferentes idades da poboación co TEL. Igualmente, sería produtivo deseñar un programa de intervención logopédica centrado no reforzo nas tarefas de asignación y de concordancia no xénero gramatical para o seu emprego nas terapias da linguaxe.