As probas de valor público en Europaunha análise da súa transferencia, adaptación e uso centrada en Alemaña, Bélxica e España

  1. Rodríguez Castro, Marta
Supervised by:
  1. Francisco Campos Freire Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 18 June 2021

Committee:
  1. Xosé Soengas Pérez Chair
  2. Ana María López Cepeda Secretary
  3. Jorge Pedro Sousa Committee member
Department:
  1. Department of Communication Sciences

Type: Thesis

Abstract

A expansión da actividade das radiotelevisións públicas cara aos novos medios desenvolveuse nun contexto de presións por parte dos medios de comerciais e sen contar cunha regulación adaptada ao novo contexto mediático. A solución deseñada no Reino Unido consistiu na aprobación ex ante e de forma individual dos novos servizos da BBC, a través do Public Value Test, no que se determinaba se o valor público da proposta xustificaba o seu impacto de mercado. Esta idea foi transferida á Comisión Europea, que recomendou un procedemento ex ante similar ao británico ao resto de Estados Membros na súa Comunicación de Radiodifusión do 2009. Esta tese analiza como de estendeu este tipo de regulación ex ante no sistema audiovisual público europeo, partindo da transferencia de políticas como marco analítico e empregando unha metodoloxía baseada no enfoque comparativo, a análise de documentos e entrevistas semiestruturadas a expertos. Os resultados da investigación demostran que a transferencia das probas de valor público se caracterizou pola importancia das especificidades de cada contexto mediático, que moldearon a proposta inicial británica, resultando en procedementos moi diversos, con distintas tendencias na súa aplicación e no desenvolvemento de metodoloxías de avaliación moi dispares.