A COVID-19 dende a óptica das cadeas globais de valor: efectos e implicacións

  1. Rodil Marzábal, Óscar
Revista:
Revista A&C

ISSN: 1887-0279 1887-0287

Año de publicación: 2021

Volumen: 15

Número: 2

Tipo: Artículo

DOI: 10.36402/AC.V15I2.4661 GOOGLE SCHOLAR

Otras publicaciones en: Revista A&C

Resumen

A irrupción da pandemia da COVID-19 en 2020 supón o maior desafío ao que se enfrontan as sociedades modernas dende a Segunda Guerra Mundial, afectando a múltiples ámbitos da súa existencia. Máis alá da disparidade internacional no grao de priorización por parte dos gobernos da posta en marcha de medidas orientadas a velar pola supervivencia e saúde das persoas, xorde o difícil reto de minimizar o impacto económico derivado do contexto de crise pandémica. Este traballo analiza os efectos e implicacións derivadas da COVID-19 nun contexto de globalización avanzada como o actual, no que moitas actividades económicas participan en cadeas globais de valor, como resultado da fragmentación produtiva internacional.