A investigación sobre a variación lingüística do galego: desde o ALGa ata a actualidade
ISSN: 2359-6910
Year of publication: 2018
Volume: 3
Issue: 1
Pages: 63
Type: Article
More publications in: LaborHistórico
Abstract

Este artigo presenta unha revisión selectiva da produción científica das últimas catro décadas sobre a variación lingüística do galego moderno. Como obra de referencia de partida tómase a publicación do Atlas Lingüístico Galego, pola relevancia especial que tivo no desenvolvemento e coñecemento dos estudos sobre o galego, tanto na academia galega como na comunidade científica internacional. A presentación das investigacións organízase en tres eixes fundamentais: os estudos de dialectoloxía e xeografía lingüística, as investigacións en sociolingüística variacionista e os traballos sobre o contacto de linguas. A intención dos autores é ofrecer unha panorámica xeral que permita coñecer as liñas de investigación fundamentais e as achegas que maior repercusión tiveron no período analizado.