A mistica da feminidade en Mad Men

  1. Cascudo Rodríguez, José Antonio
Dirixida por:
  1. Antía María López Gómez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 31 de maio de 2021

Tribunal:
  1. Begoña Gutiérrez San Miguel Presidente/a
  2. Laura María Lojo Rodríguez Secretaria
  3. Luísa Magalhães Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencias da Comunicación

Tipo: Tese

Resumo

Esta investigación trata de desvelar as conexións existentes entre a ficción televisiva Mad Men (AMC, 2007-2015) e La mística de la feminidad, de Betty Friedan, un dos textos claves da denominada segunda onda do feminismo, publicado en 1963. Ambas as obras inciden no papel que desempeña a muller durante a década dos sesenta do pasado século, no contexto da cultura de masas, coa sociedade de consumo, a publicidade e a televisión como algún dos seus trazos definitorios. Betty Draper, un dos personaxes principais de Mad Men, representa o paradigma da mística da feminidade, xa que amosa todos os síntomas propios das mulleres de clase media da súa época, consagradas aos labores domésticos a pesar de teren conquerido os seus dereitos políticos e civís con anterioridade á Segunda Guerra Mundial. Do mesmo xeito abórdase o estigma que supón o concepto de muller de carreira, introducido en Mad Men a través doutros personaxes como Peggy Olson ou Joan Holloway, para mostrar os diferentes niveis de dependencia dos convencionalismos sociais segundo as circunstancias particulares de cada muller. A masculinidade hexemónica, representada polo personaxe de Don Draper, colide cos anhelos dos personaxes femininos de Mad Men na súa incesante procura dunha identidade de seu. A análise das pautas de conduta destes personaxes axuda a comprender os mecanismos sociais e culturais que frean o acceso da muller á esfera laboral, tal e como describiu cinco décadas antes Betty Friedan.