Sistema integral de monitorización por análisis de vibraciones de una turbina de mareas

  1. Fraga de Cal, Beatriz
Dirixida por:
  1. Alfonso Loureiro Montero Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 26 de maio de 2021

Tribunal:
  1. José Luis Ocaña Moreno Presidente/a
  2. Manuel López López Secretario/a
  3. Angeles López Cabarcos Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 658755 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

No campo das enerxías renovables, a produción de enerxía eléctrica a través das turbinas de mareas é das máis actualizadas. Existe un pequeno, aínda, número de instalacións en mar aberto, e as citadas turbinas de mareas alcanzan xa potencias de 2 MW en Escocia ( UK). A maior parte da investigación centrouse no deseño e eficiencia enerxética destas turbinas, pero a súa instalación no entorno mariño resulta moi agresivo. Por iso, esta tese doutoral toma os modelos actuais en estudo destas turbinas, e céntrase na implantación dun sistema de vixilancia remota destas máquinas, a través do estudo de vibracións producidas e a súa presentación e identificación máis avanzada, para controlar así as razóns máis graves de posibles avarías, de xeito preditivo, coma son: eixo de transmisión mecánica non aliñado e as súas mais graves consecuencias, roces eixo/soportes, gretas nestes eixos, así como inestabilidade de fluídos presurizados de selado e estanquidade, ou a modificación da súa atenuación dinámica. Os termos técnico-económicos da súa explotación, se resultasen negativos, poderían con case total seguridade facer fracasar estes proxectos de enerxías renovables e, de aí, a motivación para o estudo e investigación deste traballo.