Development of theranostic nanostructures for early stages of Alzheimer´s disease

  1. Rodríguez Pérez, Manuel
Dirixida por:
  1. Tomas Sobrino Moreiras Director
  2. José Antonio Castillo Sánchez Director
  3. Francisco Campos Pérez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 27 de abril de 2021

Tribunal:
  1. Lino Ferreira Presidente/a
  2. Pablo Alfonso del Pino González de la Higuera Secretario
  3. Elena Muiño Acuña Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

Tipo: Tese

Resumo

A enfermidade de Alzheimer (EA) é o tipo máis común de demencia, sendo a causa de entre o 60 e 80 % do casos. É unha afección neurodexenarativa, que cursa cun deterioro progresivo das capacidades cognitivas levando a unha perda de autonomía e funcionalidade que limita por completo o día a día dos doentes durante a vellez. Os tratamentos farmacolóxicos dispoñibles na actualidade so mitigan parcialmente os síntomas da enfermidade, sendo incapaces de modificar o curso da mesma. Asúmese que unha das principais causas desta baixa efectividade é a demora na diagnose da EA, sendo así imposible atallar o avance dos mecanismos fisiopatolóxicos nas etapas iniciais da enfermidade. Ante a necesitada dunha resposta ao tratamento e diagnose da EA en estadios temperáns xorde como alternativa a aplicación da nanomedicina. Actualmente o uso nanopartículas está amplamente establecido na investigación preclínica, onde permiten unha optimización e refinamento das estratexias terapéuticas e diagnósticas. Neste senso, este traballo tentou avaliar o desenvolvemento de nanopartículas superparamegnéticas multifuncionais dirixidas á proteína tau como sistema de detección multimodal, así como contribuír á diagnose temperá da EA mediante a determinación de biomarcadores relacionados coa enfermidade en fluídos biolóxicos.