Aplicacións analíticas avanzadas para a predición do valor nutricional das forraxes máis utilizadas nas explotacións leiteiras de Galicia
- María Sonia Pereira Crespo
- Gonzalo Flores Calvete Director/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 21 de abril de 2021
- Roberto Lorenzana Fernández Presidente/a
- Benigno Ruiz Nogueiras Secretario
- Adela Martínez Fernández Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A partir dunha base de datos de máis de catro mil mostras analizada por métodos de referencia, se desenvolveron e validaron calibracións NIRS que permiten a predición, con alto grao de fiabilidade, da composición química e a dixestibilidade das principais forraxes utilizadas para a alimentación das vacas de leite de Galicia, da degradabilidade ruminal de ensilaxes de herba e millo e dos parámetros fermentativos destas ensilaxes. Os modelos de predición NIRS desenvolvidos están plenamente operativos con propósitos de apoio á investigación e servizo analítico para a avaliación nutricional rápida e precisa das forraxes, facilitando o manexo xeral da base forraxeira das granxas e a optimización económica e ambiental das racións do gando vacún de leite.