Cryptosporidium, o parasito descoñecido
- María Jesús Abeledo
- Seila Couso
- Hipólito Gómez
- Elvira Ares
ISSN: 1136-2677
Ano de publicación: 2020
Número: 84
Páxinas: 26-27
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente
Resumo
Hai máis de 35 anos que o Laboratorio de Parasitoloxía da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) comezou a investigar o protozoo parasito de transmisión hídrica Cryptosporidium. Dende entón, son tantas as súas contribucións ó coñecemento deste patóxeno que hoxe en día é un referente neste eido. Aquí se presenta a Cryptosporidium, ese parasito que ata hai moi pouco pasaba desapercibido, e se expón a súa importancia dende dous puntos de vista diferentes: a auga e os animais salvaxes.