Unha experiencia de intervención con TIC´S en familias de persoas con diversidade funcional.

  1. Manoel Baña Castro
  2. Beatriz López González
  3. María José Rodríguez Malmierca
  4. Manuel Gromaz Campos
Libro:
IX Congreso internacional galego-portugués de psicopedagoxía
  1. Alfonso Barca Lozano (coord.)
  2. Manuel Peralbo (coord.)
  3. Ana María Porto Rioboo (coord.)
  4. Bento D. Silva (coord.)
  5. L. Almeida (coord.)

Editorial: Universidade da Coruña

Ano de publicación: 2007

Páxinas: 142

Congreso: Congreso Internacional Gallego-Portugués de Psicopedagogía (9. 2007. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

Resumo

Este traballo avalía a influencia na calidade de vida das persoas con diversidade funcional mediante a aplicación dun programa de intervención familiar por parte de profesionais utilizando un contorno virtual de comunicación e de traballo colaborativo. Para isto seleccionase unha mostra de seis familias con persoas con diversidade funcional e aplícaselles un programa virtual de intervención. Esta intervención indirecta céntrase en mellorar a calidade de vida das familias das persoas con diversidade funcional a través da utilización de ferramentas de comunicación e de traballo colaborativo entre as familias e os profesionais para que, logo da intervención virtual profesional-familiar, poidan aplicar a terapia os pais ós seus fillos. Aínda que traballamos coas familias, éstas non son o único destinatario final do proxecto, posto que o que se pretende é chegar ós membros da unidade familiar mediante o uso dun modelo indirecto de atención na que as familias son o apoio natural e principal das persoas con diversidade funcional, sendo os propios familiares os encargados de interpretar e transmitir as demandas e necesidades do contexto familiar e comunitario próximo co obxecto de conseguir satisfacer as necesidades da propia persoa e atender ás súas perspectivas de desenvolvemento e aprendizaxe. Este tipo de traballo baséase na idea de que a familia é o principal educador informal e a súa función é a de dirixir a vida dos seus fillos así como formarlos nas súas características persoais. A utilización das TIC no ámbito das persoas con diversidade funcional é un campo en auxe que debemos valorar en gran medida. Pola nosa banda, tal e como comentamos, utilizámolas desde unha visión de instrumento de información e formación continuada, é dicir, pretendemos que sexa un vínculo de comunicación directa especialistas � familias - persoas con diversidade funcional de forma que sirva de continua retroalimentación e así favoreza un seguimento axeitado de cada caso dándolle as pautas necesarias en cada momento para que as familias sexan capaces de exercer de educadores informais dos seus membros con necesidades maiores de apoio. Ó mesmo tempo implementamos un sistema de información online para facer chegar ás familias con persoas con diversidade funcional a información que necesitan para que aproveiten o uso das TIC. Para cumprir con esta finalidade debemos formar ás familias no uso das TIC sobre todo no relacionado cos aspectos que lles sexan de utilidade para poder mellorar a súa calidade de vida.