Socialización bilingüe infantil nunha escola de Vigo (Galicia). Estudo lonxitudinal de nenos de 4 e 5 anos de contornas familiares castelán-falantes alfabetizados en galegoanálise etnográfico-interaccional das prácticas alfabetizadoras na aula

  1. Díaz Ferro, Marta
Supervised by:
  1. Xoán Paulo Rodríguez Yáñez Director

Defence university: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 11 March 2021

Committee:
  1. Miguel Pérez Pereira Chair
  2. Fernando Ramallo Fernández Secretary
  3. Virginia Acuña Ferreira Committee member

Type: Thesis

Abstract

O obxectivo desta tese é realizar un estudo sobre a socialización lingüística de nenos de 4 e 5 anos, de familias castelán-falantes e bilingües galego-castelán, que viven en Galicia e que son escolarizados nun centro público. Queremos averiguar como van aprendendo a relacionarse interaccional e conversacionalmente cos seus pares e cos adultos, como a súa experiencia do mundo (social e material) se vai configurando a través das súas incipientes prácticas discursivas en galego e castelán e como van estruturando o seu ser persoal e social. Atenderemos a certas rutinas interaccionais específicas e estudaremos a súa socialización escolar, a través das prácticas discursivas destes nenos cos pares e cos adultos, centrándonos nas prácticas interaccionais de alfabetización que sometemos a unha análise micro, tentando averiguar se, no centro escollido, existe a posibilidade dun bilingüismo aditivo. Para isto escollemos unha escola da cidade de Vigo situada nas aforas, agora en vías de urbanización, zona maioritariamente castelán-falante. A mestra, que emprega como código base o galego, supón o maior input nesta lingua que estes nenos reciben ao longo destes primeiros anos de escolarización. Finalmente presentamos unha serie de propostas en relación coa vehicularidade da lingua galega no ensino, coa intención de refutar certos prexuízos lingüísticos que poidan estar presentes na comunidade educativa.