A extracción de información fraseolóxica no CORGA: 3 actividades iniciáticas e 10 propostas para levar á aula
- Eva María Domínguez Noya 1
- María Sol López Martínez 1
-
1
Universidade de Santiago de Compostela
info
ISSN: 1698-7861
Ano de publicación: 2018
Número: 20
Páxinas: 41-65
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cadernos de fraseoloxía galega
Resumo
Nesta contribución describimos polo miúdo o funcionamento da ferramenta de recuperación de información do Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) mediante a realización de 3 actividades iniciáticas deseñadas especificamente para a extracción de unidades fraseolóxicas: a fume/lume de carozo, falar os sete falares e similares e mais ir/vir ó/ao pelo. Ofrecemos logo dez propostas para levar ás aulas nas que se explota o corpus cunha dobre vertente: facilitar que o alumno/usuario adquira as destrezas precisas para a consulta de corpus, en relación coas TIC, e a didáctica de aspectos lingüísticos como son variación, sinonimia, eufemismo, rexistros e niveis de lingua, estruturas atípicas, sentido literal e sentido figurado etc., onde as expresións empregadas se rexistran en textos naturais inmersas na secuencia completa, o que resulta instrutivo e ameno. A modo de conclusión, os corpus constitúen unha fonte valiosa para a obtención de material fraseolóxico, así como para a didáctica da lingua, tanto para a elaboración de exercicios como para a explicación de múltiples fenómenos localizados en textos reais.