Pragmática [Recurso electrónico]
Editorial: Servicio de Publicaciones = Servizo de Publicacións ; Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 9788416533398
Ano de publicación: 2016
Tipo: Libro
Resumo
A presente unidade didáctica (UD), dedicada ao estudo da Pragmática, forma parte da materia Gramática e discurso en lingua inglesa, materia obrigatoria de 6 créditos ECTS impartida no 4º curso do Grao en Lingua e Literatura Inglesas da Facultade de Filoloxía da USC. A UD concíbese como unha introdución ao estudo da pragmática, en xeral, e da pragmática en lingua inglesa, en particular. Nela exploraranse algunhas das principais nocións que sustentan a pragmática, facendo especial fincapé na teoría da implicatura e na teoría dos actos de fala.