Genetic aspects for the management of the stocks of the spiny spider crab "Maja brachydactyla"heteroplasmy and multipaternity

  1. Rodríguez Pena, Elba
Dirixida por:
  1. Andrés Martínez-Lage Co-director
  2. Luis Fernández Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 20 de novembro de 2020

Tribunal:
  1. María Elsa Vázquez Otero Presidente/a
  2. Rafaela Amaro González Secretaria
  3. Henrique Queiroga Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 641473 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A centola Maja brachydactyla é un decápodo de grande interese comercial. A pesar dos múltiples estudos realizados nesta especie, os estudos xenéticos son aínda escasos. Esta tese de doutoramento centrouse no estudo de aspectos xenéticos da bioloxía de M. brachydactyla relevantes para unha explotación sostible dos stocks. Dado que estes estudos requiren ADN de alta calidade, o primeiro paso consistiu en realizar melloras metodolóxicas do proceso de extracción de ADN, desde a elección dun tecido inicial adecuado ata a selección do protocolo máis eficaz, tanto para adultos como para ovos. Estas melloras para a extracción de ADN facilitaron a análise de marcadores nucleares e mitocondriais. A análise de microsatélites revelou multipaternidade, aínda que a prevalencia variou entre poboacións con distinto grao de explotación, probablemente debido á pesca selectiva de machos grandes promovida por algunhas normas de regulación pesqueira. A análise de xenes mitocondriais revelou heteroplasmia, posiblemente causada pola hibridación coa especie conxénere Maja squinado. A multipaternidade e a heteroplasmia, xunto coa elevada conectividade dos stocks, son probablemente a causa de que a limitación de esperma e a perda de diversidade xenética típica de poboacións explotadas aínda non sexan detectables en centola. Non obstante, se este elevado grao de explotación continúa, os stocks chegarán a un pescozo de botella insslvable. Por este motivo, é urxente revisar as medidas de xestión que promoven a pesca selectiva de machos en M. brachydactyla.