Aproveitamento de residuos agroforestais como fonte de biogas e compost

  1. Arias Vázquez, O.
Dirixida por:
  1. Manuel Soto Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de decembro de 2020

Tribunal:
  1. María Elvira López Mosquera Presidenta
  2. Alberto de Vega Martín Secretario/a
  3. Margarita López Martínez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 643264 DIALNET

Resumo

En Galicia o uso forestal representa aproximadamente 2/3 da superficie total. A súa elevada produtividade ocasiona importantes cantidades fitomasa, en moitas ocasións sen valor comercial e susceptible de ser valorizada. Ao tratárense de materiais cunha elevada proporción de C, avaliouse a súa participación en compostaxe engadindo xurro de gando porcino, vector de auga e N, para impulsar o proceso. Ademais integráronse por primeira vez lodos resultantes da fabricación de taboleiros de fibra de media densidade (MDF) como aditivo a co-compostar. Os estudos ampliáronse coa avaliación de produción de biometano a partires da dixestión anaerobia destes lodos e das augas de proceso da industria de taboleiros MDF. Os resultados acadados confirman a súa aptitude para seren transformados baixo as dúas técnicas (compostaxe e dixestión anaerobia) , subliñando factores a ter en conta para mellorar a eficiencia dos procesos. A investigación procurou a búsqueda de sinerxías entre distintos fluxos de residuos do sector agrogandeiro galego. Os beneficios acadados traduciríanse nunha vía de xestión distinta á aplicación directa ao solo das dexeccións gandeiras líquidas, da valorización dos residuos da industria forestal, e unha redución do combustible no monte co gallo de reducir o risco de incendio forestal.