Leguminosas pratenses en sistemas de baixo input en Galiciaefecto sobre a produción e o perfil de ácidos graxos do leite de vacún
- Veiga López, Marcos
- César Resch Zafra Doktorvater/Doktormutter
Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 28 von Februar von 2020
- Mª José Marques Gomes Präsident/in
- María Belén Díaz Hernández Sekretärin
- Roberto Lorenzana Fernández Vocal
Art: Dissertation
Zusammenfassung
A pesar das favorábeis características das leguminosas pratenses, comparadas coas gramíneas, en relación ao seu bo valor nutricional, uso reducido do N de síntese e menores emisións de CO2, a súa presenza nos pastos diminuíu fortemente en Europa. Adicionalmente ás mencionadas vantaxes, as leguminosas pratenses mostran unha maior eficiencia na transferencia de acedos graxos saudábeis da dieta ao leite. Por estas razóns a re-introdución de trevos e outras leguminosas pratenses para ser utilizadas en pastoreo ou como ensilado podería ser unha medida interesante para conseguir beneficios de índole nutricional, económico, ambiental e relativos á saúde humana. Os resultados do presente estudo mostran que as granxas leiteiras de Galicia poderían reducir significativamente o consumo de concentrados usando forraxes frescas e conservadas de alto valor nutricional. A inclusión de especies leguminosas nos pastos rendería vantaxes adicionais en termos de incremento da produtividade animal e dun mellor perfil graxo do leite, conformando os requirimentos actuais da poboación.