A acción exterior na fracasada reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia (2006-2007)
ISSN: 1887-0279, 1887-0287
Ano de publicación: 2008
Volume: 3
Número: 1
Páxinas: 51-73
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública
Resumo
Transcorridos vinte e cinco anos desde a entrada en vigor dos estatutos de autonomía, durante o primeiro goberno de Rodríguez Zapatero xeneralizouse un proceso de reformas estatutarias que en Galicia non se puido concluír debido ás diferenzas existentes entre os principais partidos políticos con respecto á definición de Galicia como nación. Este artigo examina o tratamento recibido pola acción exterior da Xunta de Galicia durante o proceso de elaboración do novo estatuto, e chega á conclusión de que esta cuestión non foi obxecto de particular atención no debate parlamentario. As propostas presentadas limitáronse a realizar unha translación practicamente literal do articulado incluído nos novos estatutos xa reformados doutras comunidades autónomas.