Camiño e peregrinacións na LIX(Compostela no horizonte)

  1. Marta Neira Rodríguez coord.
  2. Blanca-Ana Roig Rechou coord.
  3. Isabel Soto López coord.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

ISBN: 9788491217541

Ano de publicación: 2020

Tipo: Libro

Resumo

Os membros da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI) reúnen neste volume, baixo o título «Camiño e peregrinacións na LIX (Compostela no horizonte)», unha serie de traballos centrados en como o Camiño e a peregrinación teñen presenza e influencia nas literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico e iberoamericano. As achegas incluídas correspóndense con análises que parten de diferentes puntos de vista e espazos xeográficos; porén, nelas destácanse obras infantís e xuvenís que se centran no Camiño a Compostela a partir das diferentes rutas que o compoñen. Amais das panorámicas dos diferentes ámbitos ibéricos e iberoamericanos, os profesionais da mediación e o público interesado poden atopar neste volume unha selección de obras que destacan pola súa calidade, alén de comentarios críticos dalgunhas delas co fin de facilitarlles o labor á hora de educar literariamente.