A Economía da Administración Electrónicaapuntamentos xerais e unha aplicación empírica aos concellos galegos
ISSN: 1887-0279, 1887-0287
Ano de publicación: 2018
Volume: 13
Número: 2
Páxinas: 79-94
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública
Resumo
Neste traballo abórdase a Administración electrónica desde a perspectiva da Economía. Comézase con algúns apuntamentos xerais, recollendo especialmente a análise a tres niveis de Bannister (2007) e a achega de Soete e Weehuizen (2004), que contemplan a dita Administración como unha prometedora terceira vía para afrontar os “fallos do Estado”. A seguir, faise referencia ás técnicas dispoñibles para avaliar a eficiencia da e-Administración. Finalmente, realízase unha análise de eficiencia bifásica baseada na técnica DEA, encamiñada a contrastar a influencia da e-Administración na eficiencia dos concellos galegos. Os resultados evidencian as dificultades para captar estatisticamente esa influencia, así como a posible presenza do chamado “paradoxo da produtividade das TI”.