Boas prácticas psicopedagóxicas para a educación vocal e do canto na infanciaestudo de casos en dous programas de referencia internacional

  1. Casal de la Fuente, Lucía
Dirixida por:
  1. Miguel Ángel Zabalza Beraza Director
  2. Carol Gillanders Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 28 de abril de 2020

Tribunal:
  1. Quinto Battista Borghi Presidente/a
  2. María José Fiuza Asorey Secretaria
  3. Enrique Muñoz Rubio Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Teseo: 608320 DIALNET

Resumo

Esta investigación aborda as características das boas prácticas na educación vocal e do canto na infancia, en resposta a reclamacións provenientes de institucións como o Consello de Europa ou a UNESCO sobre a necesidade de visibilizar as boas prácticas educativas. Recorreuse á realización de dous estudos de caso en países con programas nacionais de canto: Arxentina e Inglaterra. Tres áreas de traballo foron identificadas: Corpo e Mente, Fonación, e Repertorio. Estudadas as singularidades das docentes indicadas como seren exemplo de boas prácticas a través de xuízo experto, púxose en marcha unha investigación-acción nun colexio en Santiago de Compostela para transferilas e engadir outros elementos co obxectivo de crear un proxecto psicopedagóxico alicerzado nos principios de innovación e equidade: Voces Ledas.