El realismo brutal de las narrativas contra el feminicidio"Chicas muertas" como ejemplo paradigmático de novela de no-ficción

  1. María Alonso Alonso
Libro:
Nuevas perspectivas literarias y culturales (I CIJIELC)
  1. R. Hernández Arias (ed. lit.)
  2. G. Rivera Rodríguez (ed. lit.)
  3. D. Pérez Álvarez (ed. lit.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-608-6759-3

Ano de publicación: 2016

Páxinas: 225-234

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

Un grupo de autoras e autores están a explorar na nova narrativa latinoamericana as consecuencias da violencia contra as mulleres a través de obras nas que se ofrece unha perspectiva do feminicidio como problema glocal. Escritoras como Myrian Laurini con "Qué raro que me llame Guadalupe" (1999), Roberto Bolaño con "La parte de los crímenes" de 2666 (2004) ou Selva Almada con "Chicas muertas" (2014) buscan cos seus textos ilustrar o drama que rodea a vida e morte de centos de miles de mulleres en América Latina. "Chicas muertas", novela de non-ficción que ocupará a maior parte desta análise, explora as misteriosas circunstancias que rodearon os asasinatos reais de tres mulleres adolescentes fai máis de tres décadas en Arxentina. A impunidade destes crimes motiva que estas historias saian á luz no presente como mostra do trauma social do feminicidio na conciencia da narradora. Postulados en torno a conceptos como o de "postmemoria" ou o de "trauma transxeneracional" servirán de marco teórico á análise destes textos, claramente influenciados polo "realismo brutal" que caracterizou á narrativa indixenista de principios do século vinte.