¿A que altura está o ceo?

  1. Jorge Mira

Editorial: Alvarellos

ISBN: 9788416460779 978-84-16460-02-1

Ano de publicación: 2020

Tipo: Libro

Resumo

¿A que altura está o ceo? alcanza a súa terceira edición en galego –agora, ampliada e actualizada– ao tempo que aparece publicada tamén a primeira edición en castelán. Ambas chegan avaladas co recoñecemento do prestixioso Premio Ciencia en Acción que recibiu esta obra en 2017 na modalidade de Mellor Material Didáctico de Ciencia. Ademais, esta obra foi, en 2016, o 2º mellor ensaio galego do ano para as lectoras/es da revista Fervenzas Literarias e o 5º ensaio galego máis vendido tamén de 2016 segundo o Caderno da crítica. A que altura está o ceo? Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia. Este libro vainos dar a resposta a esta cuestión... e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o Universo. Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: ¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? ¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? ¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?¿Cal é a idade do Universo? ¿E o seu tamaño? ¿Que quere dicir que o Universo se expande? ¿E a que velocidade o fai? ¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?...