Carlos Casares, articulista versus columnista
ISSN: 1130-7714
Year of publication: 2017
Issue Title: Carlos Casares
Issue: 378
Pages: 271-281
Type: Article
More publications in: Boletín da Real Academia Galega
Abstract
A popularidade que acadou a sección diaria “Á marxe” no xornal La Voz de Galicia catalogou como columnismo todo o que o escritor ourensán/limiao Carlos Casares publicou na prensa ata o día da súa morte. Asumilo así, segundo subliña o autor deste texto, aparte de reducionista pode dar pé a pensar que o escritor se refuxiou no que desde a óptica do xornalismo é un xénero menor para eludir un posicionamento argumentado do acontecer. A opción do columnismo veulle inducida. Os artigos do diario El País, cos que compatibilizou a súa continua e profusa presencia no xornal dos Fernández Latorre, e nos que deixou a pegada creativa do gran narrador de ficción que foi, serven para o contraste.