Confirmación da cría e información actualizada sobre a poboación de sisón "Tetrax tetrax" da comarca da Terra Chá (Lugo)

  1. Rivas, Oscar
  2. Otero, José
  3. Castro, Augusto de
  4. Llaneza Rodríguez, Luis
Revista:
A Carriza: revista da Sociedade Galega de Ornitoloxía

ISSN: 1889-3775

Ano de publicación: 2009

Título do exemplar: Actas do VI Congreso Galego de Ornitoloxía e V Xornadas Ornitolóxicas Cantábricas

Volume: 4

Número: 2

Páxinas: 109-115

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: A Carriza: revista da Sociedade Galega de Ornitoloxía

Resumo

No presente traballo descríbese a confirmación da cría de sisón "Tetrax tetrax" na Terra Chá (Lugo) en base á recolección dun ovo, eclosionado en catividade, procedente dun niño de tres ovos localizado o 25 de xuño de 2005. O número de machos cantores no 2005 foi similar ao de 2004: 17 no núcleo principal de Veiga de Pumar-Arneiro-Goá (Cospeito-Castro de Rei) e dous no sector A Espiñeira-A Croa (Cospeito). As concentracións postnupciais no sector Veiga de Pumar-Arneiro-Goá mostraron un máximo de 100 exemplares a mediados de setembro, mentres que no sector A Espiñeira-A Croa se rexistrou durante todo o período posreproductor un bando de oito exemplares. Discútese sobre a orixe da poboación posreprodutora e sobre os efectos dos usos agrícolas.