Caracterización e dinámica dos coídos nas costas de Galicia

  1. Augusta Pérez Alberti
Revista:
Nemus: revista de l'Ateneu de Natura

ISSN: 1697-2694

Ano de publicación: 2019

Número: 9

Páxinas: 15-26

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Nemus: revista de l'Ateneu de Natura

Resumo

Os coídos son praias de cantos e bloques que se atopan asociados aos cantís e as plataformas rochosas, especialmente en areas dominadas por rochas graníticas. Tratase de moreas de clastos de tamaño heterométrico, con predominio dos de tamaño bloque, que nalgúns lugares poden chegar a superar os 2 m de longo no seu eixe maior, sendo moi abundantes os que miden entre l e 2 m. Os mellores exemplos de coídos atópanse na chamada Costa da Morte, situada ao norte do cabo Vilan (Camariñas, A Coruña), na area de Corrubedo (Ribeira, A Coruña) e no sector de costa que se alonga entre o cabo Silleiro e o esteiro do río Miño (Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda en Pontevedra). Polo deseño que debuxan en planta téñense diferenciado 5 grandes tipos: lonxitudinais, en punta dobre, en arco, en corredor e en punta simple. Desde o punto de vista xenético diferéncianse catro tipos: derivados de formas de exhumación granítica, derivados da fragmentación de plataformas e cantís mariños por arranque, derivados de desprendementos e derivados de depósitos de orixe fría. En moitos casos a súa xénese é múltiple. Para poder coñecer a mobilidade dos bloques empregouse un micro dron para realizar voos de baixa altitude sobre clous coídos, en Laxe Brava (Ribeira, A Coruña) e en Oia (Pontevedra). Os voos realizaronse en xullo de 2012, maio de 2013 e abril de 2014. Os voos permitiron a obtención de ortofotografías e modelos dixitais do terreo de alta resolución (MDT) que, integrados nun Sistema de Información Xeografica (SIX), foron usados para controlar os cambios na posición de miles de cantos e bloques. A altura maxima das ondas de tormenta foi maior no inverno de 2013-2014 que no inverno 2012-2013, e isto reflectiuse nun aumento na proporción dos bloques movidos, dun 17 % a case o 48 % en Laxe Brava e do 53 % a case o 88 % en Oia.