Potencialidade do Proxecto Ríos no ensino secundarioprimeira avaliación na aula

  1. Parente Romero, Lucía
  2. Sanmartín Sánchez, Patricia 1
  3. Fernández López, Laura
  1. 1 Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, Universidade de Santiago de Compostela
Revista:
Boletín das ciencias

ISSN: 0214-7807

Ano de publicación: 2017

Título do exemplar: Recoge los resúmenes de los contenidos presentados a: ENCIGA. Congreso (30. 2017. Allariz)

Ano: 30

Número: 84

Páxinas: 39

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Boletín das ciencias

Resumo

Desde 2005 a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) desenvolve a iniciativa de educación e voluntariado ambiental Proxecto Ríos que a día de hoxe conta con máis de 300 grupos de participantes e que suman a máis de 3.000 persoas en toda Galiza, que cada ano se mobilizan para coñecer, poñer en valor e conservar os ecosistemas fl uviais. Moitos dos grupos participantes neste programa son centros de ensino, dos que un 24% corresponden a Institutos de Ensino Secundario. O obxectivo deste traballo foi o de avaliar por primeira vez nunha aula de ensino secundario as potencialidades do programa de educación ambiental Proxecto Ríos. Para iso, foron preparadas unha seriae de actividades a desenvolver na aula e no río coas que 1) se avalía como as actividades de Proxecto Ríos melloran a comprensión dos conceptos sobre ecoloxía, 2) se comprende se estas actividades axudan ao coñecemento da contorna favorecendo a aprendizaxe situada, e 3) se examina se son estas actividades un bo xeito para desenvolver a conciencia ambiental no alumnado de secundario (4º da ESO). Os resultados obtidos indican que o Proxecto Ríos axuda a comprender mellor os conceptos eco-lóxicos, favorece a aprendizaxe situada e contribúe en certa medida a incrementar a conciencia ambiental do alumnado