Focalizar nos micromachismos para abordar a violencia de xénero nas escolas infantís

  1. Lucía Casal de la Fuente
Libro:
Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015
  1. González Penín, Anabel (dir.)
  2. López Díaz, Ana Jesús (dir.)
  3. Aguayo, Eva (dir.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-694-7

Ano de publicación: 2015

Páxinas: 441-451

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (3. 2015. Pontevedra)

Tipo: Achega congreso

Resumo

Dentro dos múltiples temas que se vinculan á violencia de xénero, entre os máis investigados destacan: o perfil de quen maltrata, as consecuencias da violencia de xénero, os programas de reeducación e terapia, as medidas de prevención e protección, etc. Nesta comunicación pretendo chamar a atención sobre un dos conceptos que máis difícil é, ao meu entender, de erradicar do día a día, que está presente en todas as comunidades (incluso na individualidade) e que non distingue de contextos nin de idades, comparecendo en todas as esferas que nos rodean: do lecer, familiar, laboral, educativa, etc. Estamos a falar dos micromachismos, que poden ser definidos como “feitos de control e dominación masculina” (Tena & Jiménez, 2007, p. 334) ou “prácticas de dominación masculina na vida corrente” (Fisas, 1998, p. 170). Dise deles que, ao estar tan “aceptados” socialmente, adoitan pasar desapercibidos aos sentidos das persoas. Precisamente por elo, neste escrito defendo a necesidade de traballar xa dende a escola, ámbito que me ocupa, o tema da violencia de xénero; partindo do máis pequeno detalle que a primeira vista pode semellar insignificativo. Violencia non só é o que nos entra polos oídos ou polos ollos, ou o que sentimos sobre a nosa pel a desgusto e intencionadamente... violencia tamén son aqueles pormenores que asumimos como “normais”, que practicamente nin chaman a atención cando se dan, e non fan senón acrecentar as diferenzas sociais entre mulleres e homes que, querendo ou non, vanse perpetuando de xeración en xeración.