A parroquia de Gulánshistoria de vida de Cándido Porto González
- Anxo Serafín Porto Ucha
- Raquel Vázquez Ramil
Editorial: Andavira
Ano de publicación: 2019
Tipo: Libro
Resumo
No libro nárranse e analízanse os acontecementos que levan marcado a historia de Guláns, as súas lendas e as súas tradicións. Tamén se describe a súa arquitectura, ligada a unha tradición secular de canteiros e ferreiros, da súa paixón pola música e, como non podía ser de outra maneira, da súa agricultura e do pemento de Guláns. Ademáis, se hai algo do que se fala no libro é do gulanseses; dos que se quedaron aquí e dos que marcharon en busca dunha vida mellor e que, acadárana ou non, serviu para levar o nome de Guláns a todos os apartados lugares do mundo. Todo elo enmarcado polas preciosas paisaxes que a rodean e que fan desta importante parroquia do Concello de Ponteareas un lugar único e diferente. E, por suposto, está a voz de Cándido Porto González. Unha voz tranquila e cadenciosa que nos vai guiando a través da historia de Guláns, durante cerca dun século. Unha historia que non é soamente a dunha pequena parroquia da Galicia rural, senón a da súa propia vida, cos súas alegrías e as súas desgrazas. De todo iso, que non é pouco, é do que nos fala este libro.