Da "Yemáa" á República Arabe Saharauí Democrática (RASD). O camiño cara ao exercicio da soberanía política

  1. Jiménez Gómez, Santiago
Journal:
Tempo exterior

ISSN: 1579-6582

Year of publication: 2010

Issue: 21

Pages: 71-90

Type: Article

More publications in: Tempo exterior

Abstract

Como argumento central, o artigo formula a existencia dunha capacidade soberana indiscutible, recoñecida internacionalmente, e ligada á descolonización pendente do Sáhara Occidental. Partindo dela, formúlase un percorrido que tenta fixar os momentos fundamentais dunha xenealoxía que leva dende os momentos previos á constitución da Yemáa ou asemblea colonial á constitución da República Árabe Saharauí Democrática (RASD). A partir desa declaración autoafirmativa e nun contexto difícil para o novo Estado, desenvólvese un esforzo constituinte e constitucional que busca adaptar a ordenación política e administrativa ás cambiantes conxunturas históricas. O exercicio cotiá da soberanía plásmase na organización administrativa e territorial dos campamentos de Tinduf (Alxeria), onde se ensaia e practica unha estrutura estatal que evidencia a participación social. A actividade diplomática é outra das referencias soberanistas fundamentais trazando un mapa de alianzas e retraementos que dificulta o verdadeiro recoñecemento soberanista que a poboación agarda: aquel que asegura os dereitos cívicos da sociedade.