O Senado no permanente punto de mira e a súa posible reforma

  1. Vicente Sanjurjo Rivo
Revista:
Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

ISSN: 1887-0279 1887-0287

Ano de publicación: 2019

Volume: 14

Número: 1

Páxinas: 55-74

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

Resumo

O cuestionamento do Senado foi unha constante desde a aprobación da Constitución de 1978. Moi axiña se fixo patente a enorme distancia entre o desiderátum constitucional de que a Cámara Alta fose unha cámara de representación territorial e a súa definitiva configuración na Constitución. Esa distancia foise facendo aínda máis evidente a medida que avanzaba e se consolidaba o Estado autonómico. A causa última desa incongruencia haberá que buscala na ausencia dunha auténtica decisión constituínte sobre o modelo territorial do Estado. Por iso, frecuentemente formulouse a necesidade de acometer unha reforma constitucional co obxecto de converter o Senado nunha auténtica cámara de representación territorial. Á parte das dificultades de carácter teórico que comporta, con carácter xeral, a introdución das segundas cámaras na teoría liberal da representación política, no traballo apúntase tamén aos problemas de orde práctica que o funcionamento dos modernos Estados de partidos presenta para a consecución dese obxectivo.