Gramáticas en tránsito no espazo galego-luso-brasileiro
-
1
Universidade de Santiago de Compostela
info
ISSN: 1889-2566
Ano de publicación: 2018
Número: 0
Páxinas: 1-1
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Estudos de lingüística galega
Resumo
Un feixe de traballos sobre variación e mudanza lingüística como a colectánea que aquí presentamos non é, abofé, ningunha innovación editorial. Hoxe case ninguén dubida que as linguas e as gramáticas funcionan en canto mudan, que non son máis que un mero devir, unha pura “movencia” —aínda que hai só cinco décadas (todo muda) os consensos do gremio eran ben outros. Así pois, postos a procurar un verniz de orixinalidade neste volume, ímolo atopar non no que senón no onde: son certamente poucas (se as hai) as obras que recollen de maneira conxunta e integrada estudos sobre a variación e mudanza no sistema lingüístico galego-luso-brasileiro. Tres follas distintas dun mesmo trevo, cada unha das cales son á súa vez moitas máis. Seducidos polos encantos do variacionismo, o tratamento conxunto deste trifolio só pode ser cabalmente entendido dunha maneira dupla: por unha banda, desde o coñecemento dun alicerce común, que foi pasado e segue a ser presente; por outra banda, desde o recoñecemento da diversidade (e tamén da dignidade) dos camiños percorridos —unha itinerancia desigual que non pode ser concibida á marxe dos acasos, dos azares e das escollas dos pobos que as transitan.