Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia

  1. Díaz-Fierros Viqueira, Francisco coord.
  2. Ramón Villares pr.

Editorial: Consello da Cultura Galega

ISBN: 978-84-96530-72-0

Ano de publicación: 2008

Tipo: Libro

Resumo

Presentar de forma ordenada e comprensiva os coñecementos actuais sobre o clima galego, desde a saída da última glaciación ata os nosos días, e engadir a esta historia do clima galego algunhas reflexións sobre a historiografía do clima son os dous grandes obxectivos desta publicación. Esta historia da meteoroloxía e climatoloxía galegas que presenta o Consello da Cultura Galega está dividida en dúas grandes partes. A primeira delas inclúe tres apartados: un primeiro, e fundamental, en que se describen as principais etapas do desenvolvemento destas ciencias en Galicia, enmarcadas no contexto histórico mundial e español; un segundo, en que se ofrece unha pequena historia dos primeiros observatorios, que foron esas unidades funcionais fornecedoras dos datos meteorolóxicos; e, finalmente, un apartado complementario no que se recollen algúns exemplos do instrumental utilizado nos observatorios. A segunda parte desta historia da meteoroloxía e climatoloxía galegas trata sobre a historia do clima en Galicia, que se considerou de interese e pertinente para a súa inclusión neste volume porque era o resultado máis tanxible desas actividades que na primeira parte se describían e porque o propio clima ten tamén unha historia particular que axudaría a completar esa dimensión temporal tan necesaria para eses momentos de reflexión dos que tan debedora é a ciencia contemporánea.