A moto-mecanización da agricultura en Galiza (1939-2000)políticas de innovación, mercados e comunidades labregas

  1. Esperante Paramos, Bruno
unter der Leitung von:
  1. Daniel Lanero Táboas Doktorvater
  2. Lourenzo Fernández Prieto Co-Doktorvater

Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 19 von Februar von 2020

Gericht:
  1. Ramón Villares Paz Präsident
  2. Adoración Álvaro Moya Sekretär/in
  3. Fernando Oliveira Baptista Vocal
Fachbereiche:
  1. Departamento de Historia

Art: Dissertation

Zusammenfassung

Esta tese analiza a introdución de tractores nas agriculturas familiares en Galiza entre 1939 e o ano 2000. Para iso, partimos dunha división cronolóxica en base a tres paradigmas de innovación tecnolóxica na agricultura ao longo do século XX. En primeiro lugar, e baixo o pulo da segunda onda da industrialización a fins do século XIX, mecanízase a agricultura no marco dun paradigma liberal e de economía de mercado. Porén, o golpe de Estado militar de 1936 rompe con estas tendencias e, dende 1939, a Ditadura de Franco tenta construír un paradigma tecnolóxico baseado no fascismo agrario e na autarquía. Mais na década dos corenta e nos cincuenta, a agricultura en Galiza experimenta unha forte crise debido á falta de todo tipo de inputs industriais. Situación que se agrava debido á súa exclusión das políticas de moto-mecanización ata os anos sesenta. Por outra banda, a chegada dos créditos norteamericanos nos anos cincuenta á Ditadura fórzana a abandonar os postulados do fascismo agrario e da autarquía. Constrúese dende entón outro paradigma de industrialización da agricultura dende os anos sesenta. De alí en diante, as principais políticas de industrialización defínense cunha confianza cega na tecnoloxía. O éxodo rural e o fortalecemento da agro-industria incentivan unha rápida moto-mecanización da agricultura en Galiza durante os anos setenta. Non obstante, aquela introdución masiva de tractores agudiza os desequilibrios económicos, sociais e culturais das comunidades labregas en Galiza. Factor que inflúe decisivamente no colapso da agricultura familiar na década dos oitenta e dos noventa, á vez que o Estado español afonda na democracia e se integra na Comunidade Económica Europea.