Termodinámica estadística y fenómenos de transporteintroducción y aplicaciones en química

  1. J. Francisco Rivadulla Fernández

Editorial: Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico ; Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 9788416954636

Ano de publicación: 2018

Tipo: Libro

Resumo

As ferramentas desenvolvidas para o estudo do estado de equilibrio dun sistema fisicoquímico (e a súa resposta ante calquera perturbación) a partir das propiedades das moléculas ou átomos que o compoñen constitúen a termodinámica estatística. Este manual é unha introdución ao tratamento estatístico de fenómenos termodinámicos usuais e relevantes en química, incluíndo procesos de non equilibrio: transporte de materia, carga e enerxía. Dirixido principalmente a estudantes de grao en Ciencias Químicas, Enxeñaría e Física, o material que presenta vai máis aló do que se trata nunha materia cuadrimestral de grao, co obxectivo de facelo atractivo a cursos introdutorios de máster ou a investigadores en formación que se aproximen por primeira vez a esta disciplina. Para o seu mellor aproveitamento didáctico, o manual incorpora destaques con recordatorios de conceptos matemáticos e físicos e unha colección de problemas resoltos ao final de cada capítulo