Análise comparada do sistema universitario galego e a presenza das mulleres no mesmo

  1. Queiruga Santamaría, Olaya 1
  2. Santos González, María del Carmen 2
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Pedagoxía e Didáctica
  2. 2 Departamento de Pedagoxía e Didáctica Universidade de Santiago de Compostela
Libro:
(Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. Gómez Suárez, Águeda (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Editorial: Universidade de Vigo ; Universidade da Coruña ; Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 978-84-9749-758-9

Ano de publicación: 2019

Páxinas: 49-60

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (6. 2019. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

Resumo

A presenza da muller no sistema universitario nas diferentes ramas de coñecemento segue sen ser equilibrada. Se consultamos os datos dos últimos anos sobre o alumnado matriculado nas universidades por áreas de coñecemento, como veremos a continuación, seguen existindo grandes diferencias en canto as titulacións escollidas segundo o sexo. Nesta comunicación imos facer unha análise da presenza que teñen as mulleres no ensino universitario. Máis concretamente, centrarémonos no Sistema Universitario Galego. Ademais, coa intención de poder establecer un referente, faremos unha pequena análise comparativa entre Galicia e as demais Comunidades Autónomas. Por último e a modo de xustificación, tamén analizaremos outros traballos e informes sobre esta temática, co obxectivo de tratar de coñecer cales son os motivos que levan a que mulleres e homes sigan tendo eleccións diferentes en canto á súa formación e, en consecuencia, en canto ó seu futuro profesional.