Abrindo camiñosas nosas pioneiras de ciencias

  1. Fernández García Mª Isabel 1
  2. González Noya Ana M 1
  3. Maneiro Marcelino 1
  4. Gómez Fórneas Esther 1
  5. Rodríguez Silva Laura 1
  6. Rouco Méndez Lara 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela Departamento Química Inorgánica
Libro:
(Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. Gómez Suárez, Águeda (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Editorial: Universidade de Vigo ; Universidade da Coruña ; Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 978-84-9749-758-9

Año de publicación: 2019

Páginas: 99-112

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (6. 2019. A Coruña)

Tipo: Aportación congreso

Resumen

Nesta comunicación queremos presentar as mulleres pioneiras de Lugo que a finais do século XIX e comezo do XX estudaron carreiras universitarias de Ciencias. Pretendemos dar unha visión do comezo da presenza da muller na universidade e máis concretamente nas carreiras consideradas de ciencias (Farmacia, Medicina, Física, Química, Matemáticas), mostrar o desenvolvemento da súa actividade profesional e que así sexa coñecido o seu labor e valorado na súa xusta medida. É máis importante e destacada do que poderiamos pensar, xa que como veremos temos un bo número de mulleres pioneiras que se prepararon e que desenvolveron a súa profesión dunha maneira seria e calada, que fixo que pasaran case desapercibidas salvo para as mulleres próximas, parentes ou non, e que as tomaron como exemplo para seguir a mesma traxectoria. Con esta visión feminista amosamos ás que hoxe desenvolven a práctica docente e ás novas xeracións o camiño xa feito, para tamén deixar patente o noso agradecemento ás loitadoras polo dereito a facer unha carreira universitaria, á par que as recoñecemos como exemplo e incidimos no que aínda nos queda por conseguir. Rescatar e poñer en valor estas pioneiras é contar esa metade da historia que está por contar, así como sentar as bases sobre as que se basearon e desenvolveron os estudos e profesións das mulleres actuais que nun número pequeno pero importante xa vai formando parte do mundo científico e tecnolóxico, mulleres que cursaron e cursan carreiras STEM ‹Science, Technology, Engineering and Mathematics›.