Violencia adolescente nas redes sociais por transgredir a heteronormatividade sexual obrigatoria

  1. Villar Varela, Milena 1
  2. Permuy Martínez, Aixa 1
  3. Méndez-Lois, María-José 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela, Instituto de Ciencias da Educación
Book:
(Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. Gómez Suárez, Águeda (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Publisher: Universidade de Vigo ; Universidade da Coruña ; Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 978-84-9749-758-9

Year of publication: 2019

Pages: 359-368

Congress: Xornada Universitaria Galega en Xénero (6. 2019. A Coruña)

Type: Conference paper

Abstract

O sistema heteropatriarcal no que vivimos e o seu pensamento heteronormativo, conducen e provocan diversas formas de violencia contra aquelas persoas que non encaixan no esquema dualista, a LGTBIfobia, entendida como o odio, rexeitamento ou actitude hostil cara a lesbianas, gays, bisexuais, trans (Platero, 2014) e intersexuais en particular, ou cara á diversidade sexual e de xénero en xeral (Fumero, Moreno e Ruiz, 2016). Coa chegada da revolución tecnolóxica, esa estrutura patriarcal presente na sociedade traspasa fronteiras e aséntase tamén no ciberespazo. Isto dá lugar a un novo tipo de violencia de xénero: as violencias 2.0. Co obxectivo de proporcionar visibilidade ás violencias de xénero 2.0 na mocidade actual, a Universidade de Santiago de Compostela participou, xunto a outras oito universidades españolas, nun proxecto liderado pola Universidade de Barcelona no que se levou a cabo un estudo cunha ampla mostra de adolescentes. O traballo que se presenta pretende analizar as experiencias que ten a mocidade en relación á violencia de xénero 2.0 na comunidade autónoma de Galicia. Trátase de identificar a incidencia de condutas violentas a partir da transgresión da heteronormatividade sexual obrigatoria e aportar, a modo de conclusión, unha serie de directrices que permitan a inclusión da perspectiva de xénero na Educación Secundaria Obrigatoria.