O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) IIcultura, sentido e política

  1. Ramon Maiz coord.
  2. Rosario Alvarez pr.

Editorial: Consello da Cultura Galega

ISBN: 978-84-17802-11-0

Ano de publicación: 2019

Tipo: Libro

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

Resumo

Parte dos problemas e das insuficiencias das primeiras teorías do nacionalismo, a etnicidade e o multiculturalismo derivábanse dunha concepción das comunidades culturais como grupos prepolíticos, resultado obxectivo dos «feitos empíricos» demográficos e étnicos diferenciais. Así e todo, a filosofía, os estudos históricos e culturais así como as ciencias sociais máis recentes cuestionaron esta perspectiva en canto debedora de asuncións claramente insostibles. Entre estas últimas, a visión das culturas, os grupos étnicos e as nacións como totalidades orgánicas, integradas e homoxéneas, ignorando ou poñendo en segundo plano a diversidade interna, a pluralidade de interpretacións e proxectos concorrentes, así como o conflito entre eles. Como se fosen entidades definitivamente cristalizadas na historia, como conxuntos dados de antemán e esencialmente alleos a calquera eventual proceso de evolución, mudanza ou reformulación. De maneira moi diferente, da man dunha óptica interdisciplinar e construtivista de varia índole, insistiuse na natureza non de obxectos, senón de procesos participativos complexos, continxentes das nacións, grupos étnicos e culturas, na súa apertura e indeterminación. As contribucións presentadas en Cultura, sentido e política, libro que recolle boa parte das achegas da segunda xeira do seminario O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), desenvolto no Consello da Cultura Galega durante os últimos anos, exploran da man de recoñecidos e recoñecidas especialistas diversas dimensións desde esta innovadora e moi plural perspectiva: xénero, nación, emigración, refuxiados, sustentabilidade, emocións, arte, museos, danza, paisaxe, populismo, relixión etc.