A empresa dende a perspectiva organizativa

  1. Pedro Varela Vázquez
  2. Guadalupe Vila Vázquez
  3. Zaira Camoiras Rodríguez

Editorial: Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 9788417595173

Ano de publicación: 2019

Tipo: Libro

DOI: 10.15304/9788417595173 DIALNET GOOGLE SCHOLAR

Resumo

A unidade didáctica «A empresa dende a perspectiva organizativa» pertence á materia Administración de Empresas, correspondente ao primeiro curso do Grao en Economía. Segundo o plan de estudos da titulación (BOE n º 56, de 5 marzo de 2010), dita materia ten carácter de formación básica. A súa carga lectiva é de 6 créditos ECTS e impártese no segundo semestre.A materia Administración de Empresas ten como finalidade aproximar ao alumnado á contorna empresarial, así como ás tarefas que realizan os directivos. Así mesmo, pretende dotalos das destrezas e habilidades requiridas para a toma de decisións na contorna empresarial. Os contidos desta materia desempeñan un papel fundamental na titulación do Grao en Economía, posto que constitúen a única aproximación ás funcións directivas e, en xeral, á organización de empresas.Esta unidade didáctica introduce ao alumnado ás organizacións, ás actividades que realizan e os comportamentos que debe encarnar o persoal directivo, así como ás habilidades e destrezas xerenciais. Así mesmo, analiza a evolución do pensamento directivo, dende as primeiras manifestacións ata os modelos contemporáneos